O Tribunal Superior de Xustiza vén de dar a razón á CIG de que non se poden prohibir actos divulgativos ou reparto de información nos centros

Dereito a informar sobre o inquerito

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de resolver sobre a medida cautelar do recurso contencioso-administrativo, presentando pola CIG, solicitando a suspensión da instrución emitida pola Consellaría na que se ordena aos directores que prohiban actos a favor ou en contra do inquérito contra o galego. O Tribunal Superior non considera necesario suspender a instrución por canto nunca se pode ler no sentido de que restrinxa o exercicio dos dereitos fundamentais á liberdade de expresión e información, reunión, asociación e liberdade sindical.

A CIG-Ensino valora positivamente o AUTO do Tribunal Superior de Galiza impedindo calquera interpretación da instrución dada pola Consellaría que coarte a libre realización de actos informativos, reunións, difusión de opinións diferentes, e outros dereitos fundamentais que trataron de ser vulnerados coa escusa de que puideran ser un obstáculo para o desenvolvemento da Consulta. Un acto informativo ou un folleto nunca pode ser interpretado como coacción e o único que pode prohibir a Consellaría é actos que “entorpezan, obstaculicen ou dificulten” a Consulta.
En consecuencia, pedimos a todo o profesorado que facilite información á comunidade educativa sobre un inquérito que a Consellaría de Educación quixera facer con escurantismo, silenciando calquera voz discrepante da súa propaganda contra o noso idioma, ao ser ratificado polo Tribual Superior de Xustiza de Galiza que non se poden restrinxir ningún dos dereitos fundamentais que se pretenderon conculcar.

Podedes ver nesta ligazón o auto: Ligazón

Volver