O Tribunal do Contencioso Administrativo nº 2 de Compostela declara que a Consellaría de Educación “executou debidamente” a sentenza sobre o concurso xeral de traslados do ano 2013
Para a CIG-Ensino, como xa manifestamos no seu día, o razoábel sería aplicar a sentenza a todos e todas as afectadas
O Tribunal Contencioso Administrativo nº 2 de Compostela vén de declarar, mediante un auto, que a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en relación ao concurso xeral de traslados do ano 2013 foi debidamente executada. A Consellaría optou por aplicar exclusivamente a resolución xudicial ás persoas reclamantes e non a todo o profesorado afectado. Para a CIG-Ensino, como xa manifestamos no seu día, o razoábel sería aplicar a sentenza a todos e todas as afectadas. Contra o auto ditado polo tribunal, cabe recurso de apelación que, de producirse, seguramente retrasaría a convocatoria do CXT deste curso.
Máis información na seguinte LIGAZÓN