
O secretariado confederal da CIG acorda celebrar manifestacións propias o día 29 de marzo
Decidiu porse de acordo con CCOO e UGT para coordinar todo o traballo previo á xornada de folga e do propio día 29 para garantir o maior éxito posíbel da convocatoria
O secretariado confederal coincidiu na necesidade de manifestar a satisfacción da central sindical por facer coincidir a data da convocatoria de folga xeral, no día 29 de marzo, co obxectivo de obrigar ao goberno a retirar a reforma laboral. Alén diso, aclara que a CIG non está por “dulcificar” a reforma, porque non vai axudar a crear emprego. Para a central sindical, a única xustificación que hai detrás da mesma é facilitar o despedimento; desregular o mercado laboral e incrementar os beneficios empresariais a custo de rebaixar os salarios e precarizar as condicións laborais. Para a central sindical, a única alternativa é a retirada da reforma e a exixencia de que se poñan en marcha políticas económicas e sociais que garantan a creación de emprego e a mellora dos servizos públicos.
Pods atopar toda a información sobre a folga xeral e a reforma na seguinte ligazón