
O profesorado ten a última palabra: Consulta sobre a eliminación da xornada continua reducida en xuño e setembro
Consulta sobre o calendario escolar
O profesorado ten a última palabra
Participa na consulta
Despois do seguimento maioritario da folga do día 3 de maio,
polo mantemento da xornada continua reducida durante os meses de xuño e
setembro, malia a sinatura por parte dos outros sindicatos dun acordo para
desconvocala que liquida a xornada reducida e nin sequera garante a continua en
todos os centros durante os meses de xuño e setembro, a CIG-Ensino propón, unha
vez máis, que sexa o profesorado o que teña a última palabra, por iso,
trasladámosvos unha proposta que, a modo de consulta, pretendemos que teña o
apoio maioritario, agardando que o resultado sexa respectado polas outras OO.SS.
INSTRUCCIÓNS PARA CUMPRIMENTAR AS SINATURAS:
1º Asinar só profesorado afectado pola modificación do calendario escolar.
2º Asinar unha soa vez.
3º Os impresos asinados entregalos nos locais de CIG-Ensino ou ao referente da CIG-Ensino en cada centro para trasladar conxuntamente as sinaturas aos nosos locais. Teñen que ser sinaturas orixinais.
4º Pódese asinar en internet mais o que o faga, que non repita a sinatura por escrito.
Modelo de recollida de sinaturas (premer aquí)