O profesorado substituto ten dereito a contrato de interinaxe cando cese no seu posto o docente titular da praza
Cambio de criterio da Consellaría en resposta a un recurso presentado pola CIG-Ensino
En resposta a un recurso de reposición presentado contra ese cese, a Consellaría acepta agora que non existen razóns legais para non modificar o contrato, e afirma que coa xubilación do titular desaparece a posibilidade da súa incorporación, manténdose a necesidade temporal da cobertura da praza, polo que se debe aceptar que pase a un contrato de interinaxe de curso completo.
Desde a CIG-Ensino amosamos a nosa satisfacción por ter conseguido este cambio de criterio da Consellaría e esiximos que o aplique a todo o persoal que se atope en idéntica situación.
CIG INFORMA Ligazón