O PP continúa coa súa política de acoso e derrube contra os traballadores e traballadoras do Consorcio

O xerente vén de anular as oposicións convocadas

O PP vén de publicar no DOG, asinado polo seu vasalo, o xerente do Consorcio dos Servizos Galegos de Igualdade e Benestar, a nulidade das resolucións polas que se convocaron as oposicións que o actual goberno paralizou cando tomou posesión. Estamos diante dunha actuación sen precedentes, fraudulenta, inxustificada, partidista e perniciosa para os traballadores e traballadoras do Consorcio que no seu día superaron unha oposición, fixéronlles un contrato fraudulento e agora, matriculados/as de novo nunha nova oposición para acceder a unha praza de laboral fixo, o PP suprime esta convocatoria sen ningún aval legal nin explicación.

Ligazón

Volver