
O pleno do Consello Escolar de Galiza non aceptou a proposta presentada pola CIG-Ensino e avalada polo profesorado das materias de tecnoloxía, plástica e música
Carga horaria da ESO
O pleno do Consello Escolar de Galiza non aceptou a proposta presentada pola CIG-Ensino e avalada polo profesorado das materias de tecnoloxía, plástica e música
Aínda así, como consecuencia da mobilización que a CIG-Ensino e o colectivo dos profesores destas materias estamos levando a cabo, a permanente do Consello Escolar fixo unha proposta ao pleno que foi aprobada. Esta proposta diferenciase da última feita pola Consellaría en que tecnoloxía tería unha hora máis de carga lectiva en segundo e Ciencias da Natureza, unha menos. Aquí pódese consultar cales foron as propostas presentadas para comprender a imposibilidade de chegar a un acordo desde a CIG-Ensino a pesares da nosa vontade de negociación.
Seguimos agardando que a Conselleira atenda a nosa solicitude para recibirnos co fin de falar desta cuestión.
Propostas de carga horaria da ESO |
Premer aquí para ver fotografía de concentración diante do consello escolar e entrega de sinaturas