O persoal da Escola Municipal de Música de A Coruña mobilizarase polo futuro do centro, a xestión directa e os dereitos laborais

O persoal da Escola Municipal de Música de A Coruña vai iniciar mobilizacións en defensa do futuro do centro

Reclamarán a xestión directa por parte do Concello, que se lle asigne o orzamento necesario para ofertar unha ensinanza pública e de calidade e para demandar tamén que se cumpra co estabelecido no convenio colectivo. Así o anunciaron esta mañá nunha comparecencia pública na que avanzaron unha primeira concentración para o día 25 de setembro, mércores ás 20:30h., diante da propia escola, á que lle seguirán as seguintes mobilizacións periódicas: xoves 3 de outubro ás 11:30h. diante do Consorcio para la Promoción de la Música, en rúa Riazor, 8; mércores 9 de outubro ás 11:30h. diante da escola e o mércores 16 ás 11:30h. diante do Concello de A Coruña en María Pita.

Así o anunciaron esta mañá nunha comparecencia pública na que avanzaron unha primeira concentración para o día 25 de setembro, mércores ás 20:30h., diante da propia escola, á que lle seguirán as seguintes mobilizacións periódicas: xoves 3 de outubro ás 11:30h. diante do Consorcio para la Promoción de la Música, en rúa Riazor, 8; mércores 9 de outubro ás 11:30h. diante da escola e o mércores 16 ás 11:30h. diante do Concello de A Coruña en María Pita.

A EMM pertence ao Concello de A Coruña pero xestiónase a través do Consorcio para la Promoción de la Música mediante un contrato-convenio que neste momento atópase coa prórroga rematada. A este ente tamén está adscrita a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Xoven Orquestra, a Orquestra de niños, os Coros de nenos, xoves e adultos;  á que se destina a maior parte do orzamento do Consorcio.

Un centro sen partidas propias nin capacidade de xestión

O principal problema da escola, advirte o persoal, é que non ten partidas propias nin autonomía de funcionamento e depende do Consorcio para calquera xestión, compra ou arranxo que se precise: dende a adquisición de material funxible e instrumentos, ata a afinación dos mesmos, a contratación de persoal ou a organización de actividades culturais fora do centro. "E sobre todo, denuncian, que a dirección non ten capacidade para poder desenvolver e avanzar no proxecto educativo".

A EMM leva anos padecendo un déficit orzamentario e por este motivo, en decembro pasado, a representación legal do persoal e a CIG fan xestións para que os Orzamentos do Concello de A Coruña destinaran 250.000 euros e así cubrir as necesidades do centro para 2024. No pacto político BNG- PSOE, recóllese dita cantidade, para logo ao executarse polo goberno local ditos orzamentos, non chegara á escola, sendo desviada, para outros fins no Consorcio; e agora, co curso recén iniciado,  non hai cartos no centro para material, mantemento, nin reparacións. Sirvan como exemplos:

- atasco nos aseos, quedando pechados durante longos períodos de tempo, por falta de mantemento; sendo un asunto de gravidade,

- entubados dos aseos picados, non sendo cambiados por falta de recursos,

- falta de finalización no cambio das luces do centro,

- ausencia de climatización e insonorización nas aulas,

- as cornisas e a falta de mantemento do tellado,

- falta de persoal en administración, etc.

As limitacións económicas chegan ao punto que non se fixo a inspección da caldeira (xa no curso pasado houbo períodos nos que non se acendeu a calefacción por non poder pagar o subministro). E probablemente non se poderá realizar a revisión do ascensor, que caduca en decembro, ocasionando, entre outros, os seguintes inconvenientes:

- as persoas con mobilidade reducida non terán acceso ás aulas,

- veráse limitada a formación educativa, repercutindo directamente no alumnado que usa a Escola Municipal de Música de A Coruña, posto que non se poderán trasladar os instrumentos necesarios para o bo desenrolo das clases, como pode ser as agrupacións. Que ó fin o cabo, son a imaxe da escola.

- Non só influirá na actividade docente, senón, que afectará á hixiene e a limpeza do edificio.

A isto hai que sumarlle os estragos nos instrumentos musicais e nos equipos informáticos causados este verán por un curtocircuíto no colexio Curros Enríquez, co que se comparte o cadro eléctrico, habendo nestes intres 5 empalmes e co risco que isto supón, por non nomear as deficiencias do propio edificio debido a antigüidade do mesmo e a falta de reformas. Cómpre sinalar que o centro comparte inmóbel co Colexio Curros Enríquez, que este ano se renovou por completo agás a parte que ocupa a Escola Municipal de Música, quedando no esquecemento.

Tamén hai alumnado que se queda sen praza ao non haber orzamento para ampliar o horario lectivo do profesorado xa contratado (que na maioría dos casos está a xornada parcial), así como a falta de oferta doutros instrumentos por non permitir a contratación de novo profesorado; quedando a escola moi limitada.

Incumprimento do convenio colectivo

Ás necesidades na xestión do centro educativo, engádenselle os incumprimentos do convenio colectivo asinado a principios do 2024, no referente ao pago dos atrasos polo cambio de categoría do profesorado, o pagamento do complemento social e a reformulación en positivo dos trienios. Estes dereitos económicos teñen carácter retroactivo a xaneiro de 2021 e o propio Consorcio calcula que deben ser  uns 40.000 euros.

Todas estas cuestións foron trasladadas polo persoal e a representación da CIG en reiteradas ocasións ao Consorcio de la Promoción de la Música, ao Concello de A Coruña, ao pleno municipal a través do escano cidadá e ao propio responsábel da Concellaría de Cultura, Gonzalo Castro, con quen se mantiveron moitas xuntanzas ó longo destes últimos anos, tendo lugar a última o pasado 9 de setembro. Todas elas con boas predisposicións, compromisos de solución e largas no tempo, pero sen feitos; e incluso cambios de rumbo preocupantes.

Ante o crítico futuro da EMM e a ausencia de solucións por parte do Concello, o persoal acordou facer unha denuncia pública e iniciar mobilizacións, que segundo palabras da delegada sindical, Matilde Teijeiro, "para poder seguir realizando un traballo digno e de calidade na escola, de reforzo á labor social que se fai no centro de cara á cidadanía da Coruña, así como que se respecten os nosos dereitos laborais".

Neste senso, demandan que se cumpra o compromiso de municipalizar o centro pasando a súa xestión directa ó Concello, de igual xeito que no seu momento se fixo coa Banda Municipal de Música. Tamén necesitan un orzamento suficiente para garantir o proxecto educativo que merece a cidadanía da Coruña.

O persoal da Escola Municipal de Música de A Coruña mobilizarase polo futuro do centro, a xestión directa e os dereitos laborais

Documento


Volver