O número de alumnado que non fai a reválida increméntase no segundo día das probas
Segundo está a constatar a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
Chama poderosamente a atención que a Consellaría de Educación non sexa minimamente receptiva a este clamor social e continúe adiante coas reválidas. Con este despropósito de Goberno, ademais de despilfarrar diñeiro público e recargar ao profesorado e aos centros de traballo estéril, estase sometendo ao alumnado a unha presión totalmente innecesaria.
A PGDEOP esixe ao presidente da Xunta que tome cartas no asunto e que paralice a realización destas probas de 3 º de Primaria previstas para os días 24 e 25 de maio. Do contrario, máis unha vez, estariamos ante un novo acto de desprezo ao ensino público ao profesorado ao alumnado e as familias. Do contrario, a PGDEP continuará facendo un chamamento ás familias para que o alumnado non faga as probas de 3º e desacreditar definitivamente a LOMCE e as reválidas e a LOMCE, xa que supoñen desbotar a avaliación continua, avaliar exclusivamente con estándares uniformizadores, sen considerar a educación como un proceso no que hai que ter en conta as circunstancias tanto persoais como socioeconómicas do alumnado, pretenden conformar rankings de centros e son unha aberración pedagóxica.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino quere agradecer unha vez máis ás familias o seu compromiso pola defensa dun ensino público de calidade e a oposición ás reválidas.