
O novo sistema de acceso
Fronte a incerteza e inseguridade nas oposicións
A CIG-Ensino reafirmase na posición de que se prorrogue para o ano 2012 o actual sistema transitorio de acceso, para facilitar abrir un proceso de negociación e debate, co obxectivo de conseguir que o modelo a aplicar para o ano 2013 teña o maior consenso posíbel. Esta será a posición que defenderá a CIG-Ensino na reunión convocada polo MEC para o día 21 de xuño.