O novo obxectivo a atacar pola Consellaría de Educación: as Escolas de Artes e Estudos Superiores de Deseño

Privatización do ensino

Dentro dos ataques sen fin ao ensino público, por parte dos responsábeis da Consellaría de Educación (circular de agrupamentos, eliminación comedores, non cobertura de baixas de profesorado, masificación de alumnado nas aulas, reducións de profesorado, circular imposta pola Consellaría nas Escolas Oficiais de Idiomas), agora a Consellaría de Educación pon o seu punto de mira nas Escolas de Artes. A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación vai imposibilitar o acceso de bastante alumnado ás escolas de Artes e Superiores de Deseño, xa que adiantará o período de inscrición nas probas de acceso a estes centros ao 9 de xuño, fronte ao anos anteriores que se facía o 8 de setembro.

Nas Escolas de Artes impártense ciclos medios, ciclos superiores e estudos superiores de Deseño. Pode accederse a estes estudos mediante tres vías: por acceso directo, mediante proba específica para os titulados en ESO ou BAC, ou mediante proba de “madureza” e “específica” para os non titulados. Este curso, no caso das probas de acceso aos ciclos superiores ou aos estudos superiores, a Consellaría pretende que se realicen a mediados de xuño. Isto suporá que o alumnado que remate BAC en setembro ou se presente á selectividade non se poderá matricular, pero tampouco o poderá facer o alumnado que remata BAC en xuño, xa que debe ter feita a inscrición nestas Escolas antes do 9 de xuño, e nesa data aínda non sabe as notas. (Non vai haber outra inscrición en setembro!!).
Para a CIG-Ensino, esta é unha estratexia da Consellaría no seu afán economicista, xa que, deste xeito, estas escolas reducirán, aínda máis, a súa matrícula (aproximadamente nun 25%) o que provocará peche de ciclos e despedimentos de profesorado interino, profesorado que non puido consolidar o seu posto de traballo, posto que a Consellaría leva, nalgúns casos, máis de 15 anos sen convocar oposicións da súa especialidade.
A CIG-Ensino demanda da Consellaría que se manteñan os calendarios das probas no mes de setembro, tal e como se viñan celebrando en anos anteriores, e así non prexudicar un número importante de alumnado, que tería que esperar un ano para poder acceder aos estudos correspondentes.

Volver