O Ministerio envía un borrador do Real Decreto para a integración do PTFP no corpo de PES

O documento foinos remitido no tarde de hoxe, 11 de maio, ás organizacións sindicais con representación na Mesa Docente estatal

O Ministerio, tal e como nos adiantou na reunión da semana pasada, enviou o borrador do Real Decreto que presentará ás comunidades autónomas e aos sindicatos. De momento, non hai data fixada para a Mesa. A previsión é que a Mesa teña lugar entre a semana que vén e a seguinte, como acontecerá cos responsábeis das Consellarías de Educación.

Consulta aquí o borrador.

Se queredes facer achegas sobre o proposta ministerial podedes facelo, como sempre, enviándoas a galiza@cig-ensino.gal.

Volver