O IES A Sangriña de A Guarda acolle este 12 de abril un novo peche contra a LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público xa fixo encerros rotatorios en Santiago, A Coruña e Ferrol

O CEIP Ferrolterra vén de converterse no escenario dun novo peche contra a LOMCE e os recortes no ensino público. Este 12 de abril os peches rotatorios que organiza a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público trasládanse ao IES A Sangriña de A Guarda. O encerros continúan o luns 15 no IES Alfredo Brañas de Carballo. No interior da nova podes acceder á galería de imaxes e ao calendario dos peches .

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público estase a mobilizar contra o anteproxecto  de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, para amosar o seu total rexeitamento a unha lei reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática,  e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores  sociais máis desfavorecidos  da sociedade. A Plataforma Galega para a Defensa do Ensino Público esixe a retirada deste anteproxecto e un ensino público galego, laico e democrático. 

Galería de IMAXES DOS PECHES

 

PRÓXIMOS PECHES

-        12 de abril A Guarda (IES A Sangriña)

-        15 abril  Carballo (IES Alfredo Brañas)

-        15 abril Cangas (IES Rodeira)

-        16 de abril LALIN (CEIP Xesus Golmar)

-        17 abril LUGO (IES As Mercedes)

-        18 abril  VERÍN (IES Xesús Taboada Chivite)

-        22 abril Burela (IES Monte Castelo)

-        22 abril OURENSE (Xefatura territorial)

-        23 abril Cambados (IES Ramón Cabanillas)

-        24 abril Ribeira (IES Nº 1)

-        24 abril VIGO (IES San Tomé Vigo)

-        25 abril GONDOMAR (IES Terra de Turonio)

-        26 abril PONTEVEDRA (IES Torrente Ballester)

Outras novas:

O IES Menéndez Pidal da Coruña recolle o bastón de remuda dos peches contra a LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público iniciou no IES Rosalía de Castro de Compostela os peches contra a LOMCE e os recortes

Os peches contra a LOMCE e os recortes comezan este martes 9 no IES Rosalía de Castro de Santiago

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fará peches nos centros de ensino durante todo o mes de abril contra a LOMCE e os recortes

  • O IES A Sangriña de A Guarda acolle este 12 de abril un novo peche contra a LOMCE
  • O IES A Sangriña de A Guarda acolle este 12 de abril un novo peche contra a LOMCE

Volver