O goberno do PP pretende suspender os acordos retributivos (pendentes de executar para o exercicio de 2010) das súas empregadas e empregados

Retribucións empregados públicos

As Federacións que conforman a Área Pública da CIG, logo da xuntanza mantida o día de hoxe coas Conselleiras de Facenda e Sanidade, para informar das intencións do Goberno da Xunta de Galiza en canto á proposta retributiva para as empregadas e empregados Públicos da Administración Autonómica, veñen dicir o seguinte:
 A área Pública da CIG reúnese coas Conselleiras de Sanidade e Facenda

As Federacións que conforman a Área Pública da CIG, logo da xuntanza mantida o día de hoxe coa
s Conselleiras de Facenda e Sanidade, para informar das intencións do Goberno da Xunta de Galiza en canto á proposta retributiva para as empregadas e empregados Públicos da Administración Autonómica, veñen dicir o seguinte:

O goberno da Xunta ten a intención de aplicar o incremento retributivo do 0,3%, derivado dos Acordos asinados en Madrid por CCOO, UGT e CSIF, das retribucións básicas, e suspender os acordos retributivos pendentes de executar para o exercicio de 2010 e posteriores (afectan fundamentalmente a Saúde, Xustiza e Universidade).

Por parte da CIG, manifestamos que xa non asinamos o Acordo da Mesa Xeral de Madrid por insuficiente e menos iamos aceptar a non aplicación de acordos retributivos xa pactados.

Criticamos as intencións da Administración Pública Galega que, cunha actitude hipócrita, pretenden reducir o Capítulo dos gastos nos orzamentos a costa do persoal empregado público, cando non toman esas medidas en materias como o plus dos altos cargos ou cos incrementos salariais dos xefes territoriais (que aínda llelos acaban de subir recentemente). Igualmente seguen a dilapidar unha manchea de diñeiro no novo sistema de aplicacións informáticas (8 millóns de euros) ou na Cidade da Cultura.

Diante deste panorama, a Área Pública da CIG anuncia unha forte contestación contra esta agresión ás empregadas e empregados públicos e, se manteñen as propostas anunciadas, de seguro, convocaremos mobilizacións contundentes.

 

Volver