O goberno da Xunta de Galiza abandona ás traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar

Levan desde o 30 de outubro sen sen cobertura de baixas por fata de xerencia

A actuación do goberno da Xunta de Galiza no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar acada niveles de incompetencia absoluta, o último é que levan desde o 30 de outubro sen xerencia, xa que o anterior Xerente, Roberto Rodríguez Martínez, foi nomeado como Director de Augas de Galicia.

Este nomeamento mostra o nivel de irresponsabilidade do partido popular, onde un cambio de Conselleira fai que “os seus” a acompañen no cambio, deixando ás traballadoras e traballadores do Consorcio sen ter quen asine as coberturas de baixas, os permisos laborais, as nóminas…

Ao igual que o Xerente, tanto a Xerente Axunta de Escolas como o Xerente Axunto da área de Benestar non realizan as súas funcións neste momento..

Queda patente por enésima vez a falta de planificación por parte do Goberno do Partido Popular, onde o importante é colocar aos seus e non facilitar que a administración traballe, o que se ve tamén no nomeamento do novo xerente, o exalcalde do Partido Popular, Perfecto Rodríguez Muíños.

Volver