O galego é a chave coa que abrimos o mundo
Acto de QUEREMOS GALEGO o sábado 30 de abril, ás 19.30 h, na Sala Capitol (Santiago)
As entradas, ao prezo simbólico de 5 euros, reservaranse na páxina web da plataforma cidadá, www.queremosgalego.org, ou directamente na seguinte ligazón e retiraranse na billeteira da Sala Capitol o mesmo 30 de abril a partir das 19 h.
O acto terá unha parte de concerto, coas intervencións de Ugia Pedreira, Roi Casal, Miro Casabella e Roberto Sobrado.
Ademais, intervirán Manuel Rivas, Teresa Moure, Ernesto Chao, Pilar García Negro, Carlos Negro e Carlos Callón.
Se ademais de asistires ao acto queres contribuír a darlle difusión na túa localidade, centro de estudos ou de traballo, entre os teus contactos na rede, etc., na sección de 'Materiais' da páxina da plataforma atoparás diferentes modelos de báners para colocares noutros webs, blogues persoais, etc.
A Sala Capitol está na rúa Concepción Arenal, 5, ao carón da praza de Galiza.