
O Decreto da ESO debaterase na mesa sectorial da Consellería de Educación
Desenvolvemento da LOE
Debaterase na reunión da mesa sectorial do 5 de marzo o Decreto da ESO. Aínda que a presentación parece que se fai como mero trámite pois non se deu participación na elaboración do mesmo, consideramos de vital importancia a discusión do contido deste decreto pola relevancia que terá para o ensino no noso país.