O Correlingua 2022 chega a Compostela para celebrar a festa do Galego

O grupo Mekánika Rolling Band actuou en directo para deleite da mocidade asistente, que berrou a prol do uso do noso idioma

A festa do Correlingua foi presentada por Isabel Risco no palco da música da Alameda ás doce da mañá, onde fixo a lectura do manifesto.

As crianzas que participaron en directo foron preto de 500 alumnas e alumnos da comarca de Compostela dos centros educativos CPI dos Dices, IES Arcebispo Xelmirez I, IES Xulián Magariños, IES Leliadoura e IES Rosalía de Castro.

O gañador do Cantalingua, o grupo musical Mekánika Rolling Band, amenizou en directo o encontro para que o alumnado asistente bailase e se divertira nesta xornada de festa do galego.

PRÓXIMA FESTA DO CORRELINGUA

O xoves 12 de maio ás 12:00 no Teatro Principal na Estrada. Actuará Mekánika Rolling Band e o acto será presentado por Isabel Risco.

Volver