O Correlingua 2022 animou a festa no Auditorio Municipal de Narón

O alumnado da comarca sumou preto de 1400 participantes

A xornada foi presentada por Isabel Risco, que ademais fixo a lectura do manifesto. A animación estivo a cargo de Paco Nogueiras. Foron necesarias dúas quendas para que todo o alumnado tivera acollida no auditorio municipal.

As crianzas da comarca de Narón desfrutaron en vivo da proposta lúdica, educativa e reivindicativa do dereito a vivir en galego.

Na primeira fase, ás dez da mañá, os centros educativos participantes sumaron máis de 700 alumnas e alumnos, foron o CEIP Ponte Xuvia, o CEIP Virxe do Mar e o CEIP Isaac Peral.

Na segunda fase, ás doce menos cuarto,  O CRA de Narón, o CEIP Piñeiros, o CEIP A Solaina, o CEIP Terra de Ferrol, o CEIP A Laxe, o CEIP San Isidro e o CEIP Maciñeiras achegaron case 700 alumnas e alumnos ao festexo.

Paco Nogueras amenizou en directo o encontro, que para aqueles que non puideron estar ao vivo dispuxeron da emisión en directo da festa do Correlingua 2022 a través da súa canle de You Tube.

Emisión en diferido

"Se non desfrutaches da retransmisión en vivo podes visionar a festa en diferido cando queiras"

 

PRÓXIMA FESTA DO CORRELINGUA

O mércores 5 de outubro en Viveiro

Volver