O Consorcio négase a cubrir dúas prazas vacantes nas Escolas Infantís de Boiro e Cedeira

A CIG denuncia que non se cubran ate setembro e se deixe o servizo en condicións deficitarias

A CIG-Ensino quere denunciar a decisión da Xerencia do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar que se nega a cubrir ata setembro dúas prazas vacantes nas Galescolas (Escolas Infantís) de Boiro e Cedeira.

Estas prazas permanecen sen persoal substituto desde hai cerca dun mes, unha situación que a CIG considera inaceptábel xa que supón un deterioro evidente do servizo.

Decisións como esta, para a CIG-Ensino, van no camiño de converter un servizo que ten que ser educativo nun servizo unicamente asistencial.

Para a CIG-Ensino estamos ante un novo ataque ao ensino público e á igualdade de oportunidades para dispor dun servizo público de calidade con independencia dos ingresos e do lugar no que reside a familia.

Volver