O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e benestar segue negándose a aplicar o convenio para as súas traballadoras e traballadores

dado a gravidade dos anuncios do Xerente, a CIG convocará unha Asemblea este sábado, 11 de febreiro, ás 11:30 da mañá na cidade de Compostela

O Secretario Nacional da CIG Ensino mostrou o descontento das traballadoras e traballadores coas medidas anunciadas, posto que coa normativa actual, a integración non garantirá os postos de traballo, e volveu esixir a aplicación do V convenio para as traballadoras e traballadores do consorcio, mostrando que non entendíamos como tendo un Convenio Negociado aínda non se aplicara.

O Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e benestar nunha reunión coas delegadas e delegados das traballadoras e traballadores do mesmo consorcio anunciou  a integración do Consorcio na Axencia Galega de Servizos Sociais, dita integración sería en dúas fases, nunha primeira a farían os Servizos Centrais e as Escolas Infantís (Galiñas Azuis) quedando para unha segunda fase a Área de Benestar.

Todo isto sen garantir en ningún momento os postos de traballo do persoal do Consorcio unha vez finalizado o proceso de integración.

O Xerente do Consorcio tamén anunciou a convocatoria da oferta de emprego público sen ter en conta en ningún momento que a maioría das traballadoras e traballadores xa pasaron un proceso selectivo.

Anunciou por outra banda o comezo da negociación da Relación de Postos de Traballo do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, cara a posterior integración na Axencia desta RPT, outra vez sen garantir, por parte do Xerente, o mantemento da mesma unha vez rematada a integración.

O Secretario Nacional da CIG Ensino mostrou o descontento das traballadoras e traballadores coas medidas anunciadas, posto que coa normativa actual, a integración non garantirá os postos de traballo, e volveu esixir a aplicación do V convenio para as traballadoras e traballadores do consorcio, mostrando que non entendíamos como tendo un Convenio Negociado aínda non se aplicara.

En canto ás oposicións o Secretario nacional da CIG Ensino declarou: “Non podemos esquecer que moito deste persoal do Consorcio xa pasou un proceso selectivo, e leva anos traballando cunhas condicións laborais e económicas deplorábeis, sen sequera aplicarlle o V Convenio dos laborais da Xunta de Galiza.

Por todo o anterior, e dado a gravidade dos anuncios do Xerente, a CIG convocará unha Asemblea este sábado, 11 de febreiro, ás 11:30 da mañá na cidade de Compostela.

Volver