O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar impide ás súas traballadoras e traballadores o exercicio do dereito á folga

Folga no Consorcio

A CIG ten convocada unha folga para o día 24 de novembro a todas as traballadoras/es do Consorcio Galego de Servizos de I+B, convocatoria que foi aprobada polos catro comités de empresa de maneira unánime, co fin de que se aplique, inmediatamente, o Convenio Colectivo asinado entre o propio Consorcio e as organizacións sindicais que, maioritariamente, nos representan; que se contemplen, nos orzamentos da Xunta, as partidas necesarias para poder manter os postos de traballo das Oficinas I+B e o servizo que prestan; que se celebren os procesos selectivos de persoal xa convocados e coas bases aprobadas e publicadas e que ser resolvan as irregularidades que se están a dar na actualidade: despedimentos, xestión de listaxes, substitucións, cobertura das baixas, modalidades de contratos, etc.
 O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar restrinxe ás súas traballadoras e traballadores o exercicio do dereito á folga

A CIG ten convocada unha folga para o día 24 de novembro a todas as traballadoras/es do Consorcio Galego de Servizos de I+B, convocatoria que foi aprobada polos catro comités de empresa de maneira unánime, co fin de que se aplique, inmediatamente, o Convenio Colectivo asinado entre o propio Consorcio e as organizacións sindicais que, maioritariamente, nos representan; que se contemplen, nos orzamentos da Xunta, as partidas necesarias para poder manter os postos de traballo das Oficinas I+B e o servizo que prestan; que se celebren os procesos selectivos de persoal xa convocados e coas bases aprobadas e publicadas e que ser resolvan as irregularidades que se están a dar na actualidade: despedimentos, xestión de listaxes, substitucións, cobertura das baixas, modalidades de contratos, etc.

Hoxe fomos convocados polo xerente do Consorcio para, como é preceptivo, negociar os servizos mínimos para o día de folga. Nesta reunión, presenta unha proposta de servizos mínimos, asoballadores, abusivos e ilegais, co obxectivo de impedir o exercicio á folga dos traballadores/as do Consorcio, vulnerando un dereito fundamental, como é o dereito á folga.

É inaudito que un ente da administración como o Consorcio, que preside a Conselleira de Traballo, a sabendas de que está actuando ilegalmente, impoña uns servizos mínimos que supoñen que preto do 50% do persoal non poida secundar a folga, cando hai diferente xurisdición e sentenzas que só determina os servizos mínimos para os servizos esenciais, entre os cales non están os do Consorcio. O seu abuso e prepotencia chegan a tales límites que, mesmamente, fixa servizos nas oficinas I+B que en decembro pretende liquidar.

Non deixa de ser paradoxal que a Consellaría de Traballo, en lugar de respectar os dereitos dos traballadores/as, pretenda botar abaixo unha folga por vía ilegal e prevaricativa, asentándose en decisións franquistas.

Esta reacción do Consorcio, sen lugar a dúbidas, vén motivada porque sabe que a folga vai ser secundada moi maioritariamente e por iso non ten empacho en conculcar os dereitos básicos e fundamentais.

Esta actuación súmase ás que, repetidamente, está a levar a cabo o PP desde a Consellaría de Traballo e Benestar, que non son outras que a persecución dos dereitos dos traballadores/as e o desprestixio dos mesmos.

Como é obvio, a CIG vai recorrer á vía xudicial estes servizos mínimos por abusivos e ilegais.

Volver