O Consorcio aplicará a normativa da Xunta de Galiza para as listas de agarda

Tal e como lle esixiu a CIG nun escrito presentado en febreiro

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar vén de comunicarlle á CIG que trasladará ao seu comité directivo que se celebra este mércores 13 de marzo a aplicación da normativa de listaxes de agarda da Xunta de Galiza no que se refire ao tempo de permanencia no final das listaxes despois de ter traballado por un período igual ou superior a un ano. Con esta decisión o Consorcio atende a solicitude presentada no mes de febreiro á Xerencia pola CIG.

Ligazón

Volver