
O conselleiro comprométese coa CIG-Ensino e o profesorado CELGA a no prazo dunha semana estudar a nova situación co fin de solucionar o conflito
O secretario nacional da CIG-Ensino e unha representación do profesorado CELGA esixíronlle ao conselleiro a readmisión dos e das docentes despedidos/as
A CIG-Ensino tamén esixiu a inmediata convocatoria dos cursos preparatorios CELGA e as respectivas probas para obter os diferentes títulos porque o seu retraso está causando graves perxuízos a numerosas persoas que o necesitan para presentarse a diferentes probas ou que teñen interese en coñecer e mellorar o uso do noso idioma.
Para a CIG-Ensino é totalmente inxustificable que a Consellería de Educación, a estas alturas, en lugar de aplicar as sentenzas, convocar os cursos que xa tiñan que estar iniciados e realizar as probas continúe sen darlle unha solución definitiva a este conflito e agravando a situación. Agardamos que por fin a consellaría se aveña as nosas propostas para dar unha solución definitiva a este profesorado.