
O conselleiro accede a entrevistarse coa CIG e o profesorado CELGA despois dun peche na Secretaría Xeral de Política Lingüística
Vai ser o 18 de maio ás 13:00 horas
O profesorado pechado abordou ao secretario xeral nos corredores da Secretaría Xeral, esixiron que se marcase cita de entrevista co conselleiro de Educación e anunciaron que non abandonarían a Secretaría Xeral até ter contestación. Despois das xestións correspondentes o conselleiro de Educación accedeu a reunirse o día 18 ás 13:00 horas.
A actitude represiva da Consellaría de Educación recollida nas propias sentenzas do TSXG esta tendo consecuencias moi prexudiciais xa que a día de hoxe fican sen convocar as probas de avaliación CELGA que se viñan realizando anualmente e sen convocarse tampouco os cursos pola obstinación da Consellaría de Educación de non contratar este profesorado malia as sentenzas.
A CIG-Ensino esixirá ao conselleiro de Educación unha solución definitiva para este colectivo que pasa pola súa contratación inmediata, a convocatoria das probas e dos cursos CELGA.