O alumnado do CEIP Virxe do Portal non acude a clase por mor do precario estado do centro
A ANPA do CEIP Virxe do Portal, de Sobrado dos Monxes, decidiu que o alumnado non acudise a clase non só durante o día de hoxe, 7 de abril, senón tamén os días seguintes, 8 e 9
Ante a falta de resposta da Consellaría de Educación, que leva desatendendo as demandas da comunidade educativa do colexio de Sobrado dos Monxes (A Coruña) en relación ao deterioro do centro, hoxe, día de retorno das vacacións de Semana Santa, as familias decidiron non enviar os seus fillos e fillas a clase.
A ANPA do CEIP Virxe do Portal, de Sobrado dos Monxes, decidiu que o alumnado non acudise a clase non só durante o día de hoxe, 7 de abril, senón tamén os días seguintes, 8 e 9.
Acordaron tomar esta medida de presión ante a falta de resposta dunha Consellaría de Educación, que, como en tantos outros casos similiares, non acomete as actuación necesarias para solucionar as graves carencias que se veñen denunciando reiteradamente, e desde hai anos, desde o centro.
Entre otras deficiencias, as pingueiras, as filtracións de auga, o frío que se coa por unhas xanelas sen aillamento… fan que a docencia sexa imposible nunhas aulas con deshumidificadores funcionando constantemente.
Hai zonas tan desgastadas que incluso se vislumbra a estrutura metálica, a instalación eléctrica é obsoleta e falla constantemente, no comedor hai zonas inutilizadas por estar case anegadas, a campá extractora leva 3 anos sen funcionar… Toda esta situación, da que tamén leva facéndose eco a CIG-Ensino, foi posta en coñecemento da Dirección Territorial desde hai varios cursos e non houbo até o momento nin unha soa medida conducente a solucionar ningún dos problemas, máis aló de promesas incumpridas e nunca concretadas.
Esta situación de indefensión xustifica a desesperación duha comunidade educativa que non atopou máis remedio que acudir a unha medida de presión como a de non enviar o alumnado a clase e que se sinte abandonada pola Administración educativa.

