O ACORDO DE AGRUPAMENTOS ESTIVO DESTINADO DESDE O SEU INICIO A SUPRIMIR UNIDADES

Acordo Agrupamentos

A CIG rexeita o acordo porque está pensado, exclusivamente, para suprimir unidades escolares e durante este curso denunciou reiteradamente nas Xuntas de Persoal todos os agrupamentos e intentos de agrupamentos que a Consellaría realizou.
O ACORDO DE AGRUPAMENTOS ESTIVO DESTINADO DESDE O SEU INICIO A SUPRIMIR UNIDADES.
 
A CIG-ENSINO REXEITOU O ACORDO DE AGRUPAMENTOS E TENO RECORRIDO.
 
Rematado o curso escolar 2008-2009, negociábase na Mesa Sectorial unha proposta de acordo presentada pola Consellaría de Educación para realizar agrupamentos de alumnado de diferentes cursos, ciclos e mesmo etapas, nunha mesma aula, proposta que tiña, por obxectivo único, proceder á supresión de unidades escolares e consecuentemente, á redución dos cadros de persoal dos centros.
 
Na Mesa Sectorial do 22 de xuño, a CIG-Ensino manifestara o seu rexeitamento á proposta da Consellaría de Educación. A partir dese día e á marxe da Mesa, estiveron levándose a cabo negociacións da Consellaría cos outros sindicatos, marxinando á CIG, organización maioritaria que representa o 40% do profesorado, nunha actitude sectaria e antidemocrática da Consellaría de Educación, que contou co beneplácito das outras organizacións sindicais, en pleno período de vacacións e sen contar, nin sequera, coa opinión dos centros e profesorado afectado. Unha vez publicado foi recorrido pola CIG.
 
A CIG rexeita o acordo porque está pensado, exclusivamente, para suprimir unidades escolares, mentres se mantiñan en vigor rateos que son obxectivamente elevadas, así no caso das aulas de infantil que seguen escolarizando alumnado de diferentes idades até 20 alumnos por aula.
A CIG rexeita o acordo porque:
·         Non asume que os agrupamentos sexan excepcionais, e que se conte coa opinión dos centros afectados.
·         Mantén a rateo de 25 alumnos/as por aula, malia o recollido no programa electoral do PP que fixa en 15 o número de alumnos/as do mesmo nivel por aula.
·         Establece un número moi alto de alumnos/as para levar a cabo os diferentes agrupamentos.
·         Parte de criterios economicistas en vez de atender criterios pedagóxicos.
·         Supón unha oferta educativa de peor calidade no medio rural
·         Elimina un número importante de postos de traballo.
 
Durante este curso, a CIG-Ensino denunciou reiteradamente nas Xuntas de Persoal todos os agrupamentos e intentos de agrupamentos que a Consellaría realizou.
 

Volver