Novos servizos mínimos abusivos e impostos pola Consellaría de Educación para a folga do 10 de novembro no ensino concertado

Están chamadas a participar na folga máis de 7000 traballadores e traballadoras do sector

O dereito de folga é un dereito fundamental que a Consellaría conculca, pois os servizos mínimos deben limitarse estritamente ao necesario para garantir os servizos esenciais. Non poden converterse nun mecanismo para reducir ou dificultar de maneira desproporcionada o seguimento dunha folga. Noutros anteriores marcados pola mesma Consellaría (centros educación especial na discapacidade, folgas xerais...) só se obrigada a abrir e pechar os centros (1 persoa da dirección e 1 PAS), do mesmo xeito que nas folgas do ensino público. Como exemplo deste despropósito ou incompetencia, sirvan os decretados para este 11N da folga xeral, nos que os servizos mínimos son iguais en ambos sistemas educativos, mentres que na do día 10 son moito maiores.

A proposta de servizos mínimos presentada pola Consellería para o día 10 estabelece:

* A dirección ou un membro do equipo directivo e unha persoa subalterna en cada centro, garantindo en todo caso a apertura e peche de todos os centros, así como a custodia, seguridade e protección das persoas menores.

* O 20 % do persoal docente e o 20 % do persoal complementario.

Desde os sindicatos do sector convocantes manifestamos o noso rexeitamento frontal a estes servizos mínimos e denunciamos a falta dunha verdadeira vontade negociadora por parte da Consellaría. Non aceptamos esta imposición. Unha vez máis, a Consellería demostra unha escasa consideración polos dereitos e polas reivindicacións do persoal traballador, así como pola súa capacidade de negociación colectiva no organismo creado da mesa Tripartita.

Este é un motivo máis para secundar a folga de mañá, 10 de novembro.

FOLGA 11N

FOLGA 10N     

                                                                                       

 

Volver