
Novo período de cambio de entidade e axudas de Muface
Información sobre o cambio de entidade prestataria dos servizos sanitarios e sobre a concesión de axudas de protección sociosanitarias
O novo concerto de Asistencia Sanitaria entrará en vigor o 1 de maio
Polo tanto o 1 de maio comezará o período especial e tamén o ordianario para cambiar de entidade prestataria que chegará ao 31 de maio.
Neste período o persoal mutualista poderá optar pola entidade que desexen, SEGURCAIXA-ADESLAS, ASISA ou como recomendamos desde a CIG-Ensino o servizo galego público de sanidade (SERGAS).
De non desexar cambiar non hai que facer nada, salvo que se pertenza a DKV, dado que non segue sendo entidade prestataria. O persoal que estea en DKV e non facer nada automaticamente será adscrito ao SERGAS a día 1 de xuño.
Desde Muface trasládannos que dado que prevén que durante o mes de maio nas oficinas haberá gran afluencia de mutualistas recomendan encarecidamente e agraden de antemán utilizar a sede electrónica e aconsellan pospor a presentación doutras solicitudes cando sexan presenciais.
Desde a CIG-Ensino trasladamos esta recomendación pero sen deixar de reclamar a Muface que dote ás oficinas do persoal e dos horarios necesarios para atender a todo o persoal mutualista da mellor forma, xa que moito deste persoal é persoal de avanzada idade e non ducho no uso da sede electrónica.
Ligazón á sede electrónica de Muface
Ligazón ao cambio de entidade na sede electrónica
Axudas de protección sociosanitaria
Con data 28 de abril de 2025 publicouse no BOE a Resolución de 21 de abril de 2025 , de MUFACE, pola que se convoca a concesión de axudas de protección sociosanitaria durante o ano 2025
Pódense presentar estas solicitudes até o 31 de decembro de 2025.
Estas axudas van dirixidas a atender as necesidades de persoas maiores, persoas con discapacidade, drogodependencia e outras adicións, enfermidade psiquiátrica crónica e outras situacións de necesidade.
Na convocatoria temos os requisitos que se deben acreditar para acceder ás axudas.
Ligazón á sede electrónica de Muface