Na Mesa de Negociación das vacantes do Concurso Específico de Orientación a CIG-Ensino consegue que a Consellaría aumente 42 prazas
Negociación coa Consellaría logo da proposta da CIG Ensino na Mesa Sectorial do 24 de outubro
Desde a CIG Ensino puxémonos en contacto con todos os centros afectados para facer unha proposta seria e realista, algo que logramos grazas a colaboración das direccións e o profesorado dos centros. A nova inclúe tres modificacións a posterior da mesa de negociación, CEIP de Viñas, CEIP de Cespón e CEIP de Pobra de Brollón.
O venres 3 de novembro mantivemos unha reunión co subdirector xeral de persoal para negociar a inclusión dun maior número de prazas de xefatura de departamento de orientación dos centros de infantil e primaria. Esta reunión fora comprometida pola Consellaría na pasada Mesa Sectorial a instancias da CIG-Ensino. Previamente desde o sindicato fíxoselle chegar á Subdirección Xeral unha listaxe completa de todos os centros que deberían dotarse cunha praza definitiva no concurso especifico de Orientación.
Froito da reunión logramos sacar da Consellaría o compromiso de aumentar en 42 o número de prazas que sairán no Concurso de Orientación. Esta cifra supón un incremento do 44% das vacantes inicialmente propostas no borrador da Orde de convocatoria.
Tamén se comprometeu a administración, a proposta da CIG-Ensino, a publicar no anexo do Concurso os centros adscritos, pero advertindo que poden variar de ano en ano e que actualizará as posíbeis resultas dos centros.
As prazas que sairán no Concurso a maiores das xa publicadas no anexo do concurso son as seguintes:
PROVINCIA |
CONCELLO |
CENTRO |
CENTRO COMPARTIDO |
|
1 |
A Coruña |
A Coruña |
CEIP Rosalía de Castro |
CEIP José Cornide |
2 |
A Coruña |
A Laracha |
CEIP Alfredo Brañas |
CEIP Caión |
3 |
A Coruña |
Arzúa |
CEIP de Arzúa |
|
4 |
A Coruña |
Boiro |
CEIP de Cespón |
CEIP Abanqueiro |
A administración decide eliminar este centro posto que hai orientador ou orientadora definitiva no CEIP de Abanqueiro. Nós mantemos a necesidade de ter Orientador/a no CEIP de Cespón. |
||||
5 |
A Coruña |
Cambre |
CEIP Wencesalo Fernández Flores |
|
6 |
A Coruña |
Cariño |
CEIP Manuel Fraga |
CEIP A Barqueira de Cerdido |
7 |
A Coruña |
Fene |
CEIP Centieiras |
CEIP O Ramo |
8 |
A Coruña |
Ferrol |
CEIP Juan de Lángara |
CEIP Pazos |
9 |
A Coruña |
Fisterra |
CEIP Mar de Fóra |
CEIP Areouta |
10 |
A Coruña |
Muros |
CEIP Ricardo Tobío |
CEIP de Louro |
11 |
A Coruña |
Muxía |
CEIP Os Muiños |
CEIP Virxe da Barca e Vilarmide |
12 |
A Coruña |
Santiago |
CEIP Vite |
CEIP Casas Novoa |
13 |
Lugo |
A Pobra de Brollón |
CEIP Pobra de Brollón |
CEIP Pantón |
Petición da CIG Ensino que entenderamos atendida por erro noso, a administración comunícanos que non a van sacar xa que son dous centros moi pequenos e con pouco matrícula, nós mantemos a nosa petición. |
||||
14 |
Lugo |
Becerreá |
CEIP San Xoán |
CEIP As Nogais |
15 |
Lugo |
Guitiriz |
CEIP Lagostelle |
CEIP de Parga |
16 |
Lugo |
Meira |
CEIP de Meira |
CEIP Rosalía de Castro de Pol |
17 |
Lugo |
Rábade |
CEIP Otero Pedrayo |
CEIP Virxe do Corpiño |
18 |
Lugo |
Quiroga |
CEIP de Quiroga |
CEIP de San Clodio |
19 |
Ourense |
Cortegada |
CEIP Otero Novas |
CEIP Castrelo do Miño |
20 |
Ourense |
Riós |
CEIP das Vendas da Barreira |
CEIP Castrelo do Val |
21 |
Pontevedra |
A Lama |
CEIP A Lama |
CEIP Doutor Suárez de Fornelos |
22 |
Pontevedra |
Cambados |
CEIP Castrelo |
EEI A Pastora |
23 |
Pontevedra |
Marín |
CEIP A Laxe |
EEI Nosa Señora de Marín |
24 |
Pontevedra |
Moaña |
CEIP Abelendo |
CEIP de Tirán |
25 |
Pontevedra |
Moaña |
CEIP Seara |
EEI de Verducedo |
26 |
Pontevedra |
Poio |
CEIP Viñas |
CEIP de Lourido |
A administración decide eliminar este centro posto que hai orientador ou orientadora definitiva no CEIP de Lourido. Nós mantemos a necesidade de ter Orientador/a no CEIP de Viñas |
||||
27 |
Pontevedra |
Pontecaldelas |
CEIP A Reigosa |
CEIP Ponte Sampaio |
28 |
Pontevedra |
Pontevedra |
CEIP Santo André de Xeve |
EEI Veruducido |
29 |
Pontevedra |
Pontevedra |
CEIP Principe Felipe |
|
30 |
Pontevedra |
Pontevedra |
CEE Principe Felipe |
|
31 |
Pontevedra |
Pontevedra |
CEIP Manuel Vidal Portela |
|
32 |
Pontevedra |
Porriño (O) |
CEIP da Cruz-Budiño |
CEIP de Atios |
33 |
Pontevedra |
Tomiño |
CEIP Pintor Antonio Fernández |
CEIP de Barrantes |
34 |
Pontevedra |
Tomiño |
CEIP Sobrada |
CEIP de Tebra |
35 |
Pontevedra |
Tui |
CEIP n° 1 |
CEIP de Rebordáns |
36 |
Pontevedra |
Tui |
CEIP de Randulfe |
CEIP Pazos de Reis |
37 |
Pontevedra |
Vigo |
CEIP Santa Mariña |
CEIP O Carballal-Cabral |
38 |
Pontevedra |
Vigo |
CEP Santa Tegra-Teis |
CEIP Paraixal |
39 |
Pontevedra |
Vigo |
CEIP Alfonso Rodríguez Castelao |
CEiP Párroco don Camilo |
40 |
Pontevedra |
Vigo |
CEIP Igrexa-Valadares |
EEI Monte do Alba |
41 |
Pontevedra |
Vigo |
CEIP A Doblada |
|
42 |
Pontevedra |
Vilagarcía de Arousa |
CEIP A Escardia |
EEI Vagalume |
Desde a CIG Ensino seguiremos a loitar para que se aumente o número de Departamentos de Orientación nos Centros galegos dotados con carácter definitivo, nomeadamente nos seguintes centros, que tamén formaban parte do estudo de prazas que a CIG-Ensino lle trasladou á Consellaría.
Entendemos que a escusa da Consellaría de estar á espera, en determinadas zonas, de como quede finalmente a rede de centros con orientación non se sostén por máis tempo e, aínda que entendemos que o incremento de vacantes é importante, non cumpre o noso obxectivo de cara a esta convocatoria de 2018, que non era outro que dotar todos os centros que actualmente contan con profesorado provisional con profesorado definitivo.
PROVINCIA |
CONCELLO |
CENTRO |
A Coruña |
A Capela |
CEIP Mosteiro de Caaveiro |
A Coruña |
Fene |
CEIP O Ramo |
A Coruña |
Ferrol |
CEIP San Xoán de Filgueiras |
A Coruña |
Ferrol |
CEIP Masdías |
A Coruña |
Moeche |
CEIP San Ramón |
A Coruña |
Narón |
CEIP Virxe do Mar |
A Coruña |
Oroso |
CEIP do Camiño Inglés |
Lugo |
Sarria |
CEIP Antonio Fernández López-Oural |
Ourense |
Ourense |
CEE Miño |
Pontevedra |
Bueu |
CEIP A Torre-Cela |
Pontevedra |
Caldas de Reis |
CEIP San Clemente de Cesar |
Pontevedra |
Cangas |
CEIP A Rúa |
Pontevedra |
Cotobade |
CEIP Tenorio |
Pontevedra |
Covelo |
CEIP Antonio Blanco Rodríguez |
Pontevedra |
Pontevedra |
CEIP Ponte Sampaio |
Pontevedra |
Redondela |
CEIP Alexandre Bóveda |
Pontevedra |
Silleda |
CEIP Ramón de Valenzuela |
Por outro lado, e independentemente das vacantes que se ofrezan no concurso deste ano, as demandas da CIG-Ensino ao respecto da orientación educativa e da atención á diversidade seguen, con máis motivo, plenamente vixentes e marcarán, como non pode ser doutro xeito, as nosas reivindicacións para a mellora da calidade educativa e da atención a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Ver información.