A CIG-Ensino toma a iniciativa ante a inacción da Consellaría
Lanza unha enquisa sobre a igualdade no eido educativo
Desde a CIG Ensino amosamos en diversas ocasións á Administración Educativa a nosa preocupación pola falta de cumprimento da normativa que xira arredor da igualdade no ámbito laboral.
En vista de que a administración non responde e co obxectivo de ter datos reais de como o profesorado galego percibe as accións que a Consellería de Educación leva implementado en materia de igualdade como traballadoras e traballadores do ensino público lanzamos a seguinte enquisa sobre a igualdade no eido educativo.