Na Mariña correron pola lingua máis de 1.800 alumnos e alumnas
Procedentes de 16 centros distintos, os rapaces e rapazas fixeron un percorrido desde a Illa Pancha ata o Cantón de Ribadeo
Tras a carreira, celebrouse unha festa conducida pola actriz Isabel Risco e que contou coa actuación da cantante cambadesa Pauliña, gañadora do Cantalingua deste ano, e de Paco Nogueiras.
A XIX edición do Correlingua chegou hoxe a Ribadeo, na Mariña lucense, e contou coa participación de máis de 1.800 rapaces e rapazas de todos os niveis educativos. Baixo o lema "O galego é a fórmula" os participantes ondearon pancartas facendo referencia á relación entre as ciencias e a nosa lingua, equiparándoa a unha fórmula maxistral na campo da Química.
Após a marcha, que percorreu boa parte da vila, tivo lugar unha festa na que os asistentes foron recibidos polo alcalde Fernándo Suárez e interviron diversos artistas musicais.

Novas relacionadas
