Mudemos de rumbo. O galego ten futuro

Convocatoria Nacional pola Lingua: domingo, 17 de novembro, ás 12:00 horas. Praza da Quintana. Compostela

Novos datos poñen en evidencia o estado de emerxencia lingüística do galego con niveis de descoñecemento e emprego inéditos na historia da lingua. Son o resultado do predominio e da hexemonía do castelán intensificada nos últimos 15 anos co aumento da exclusión do idioma propio de Galiza da oferta en todos os ámbitos, nomeadamente no ensino, mais tamén no lecer infantil e xuvenil, administración, xustiza, televisión e audiovisual ou nas actividades comerciais e económicas. Así o vimos denunciando de hai anos. A mobilización social polo idioma de Galiza logrou que do Consello de Europa ou a ONU dirixisen advertencias á Xunta de Galiza que haberá de mudar a actitude sobre o galego.

Reverter esta situación é posíbel co compromiso de todas e todos, comezando polas institucións galegas e os colectivos sociais. Cómpre, en primeiro lugar, asegurar o dereito de uso do galego e o deber de correspondelo con presenza e disposición como indicaba o PXNLG que a pesar do desleixo da Xunta e de non se ter posto en práctica nos último 15 anos, mantén obxectivos plenamente vixentes. O PXNLG, como grande acordo nacional pola lingua, debe ser reactivado como punto de partida dunha nova política a favor do noso idioma e da súa normalización.

Mudemos o rumbo!! Participa!

Volver