Modificación dos permisos de maternidade e paternidade

Modificacións presentadas pola Xunta de Galiza na Mesa Xeral do 19 de outubro

Na Mesa Xeral da Función Pública que tivo lugar o 19 de outubro a Administración, dentro da negociación da Lei de Medidas, propón unha Modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, e en concreto dos permisos de paternidade e maternidade das e dos empregados públicos.

Quedando, no momento en que se aprobe esta lei, os permisos da seguinte forma:

  • Permiso por parto.

20 semanas (no lugar das 18 actuais).

  • Permiso do outro proxenitor por nacemento ou adopción dun fillo/a.

5 semanas (no lugar dos 29 días actuais).

Fronte a isto a CIG aposta por un permiso de maternidade de 12 meses de duración e que progresivamente o permiso para o outro proxenitor se amplíe até chegar á mesma duración, consolidándose o permiso de maternidade como un permiso non transferíbel. 

No camiño de acadar ese obxectivo é obvio que a proposta da Xunta, e aínda recoñecendo un pequeno avance, é totalmente insuficiente.

Solicitamos a negociación real dun plan de ampliación de todos os permisos recollidos na Lei de Emprego Público e, especificamente, os que agora se nos presentan.

No seguinte ligazón podedes ver o documento remitido pola administración.

A nova duración do permiso por parto e do permiso doutro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción dun fillo será de aplicación a aquel persoal funcionario que estea gozando de tales permisos no momento da entrada en vigor desta lei, previsibelmente 1 de xaneiro.

Modificación dos Permisos de Maternidade e Paternidade

Os orzamentos da Xunta de Galiza contemplan a modificación dos permisos de paternidade e maternidade das e dos empregados públicos.


Volver