Mobilízate na defensa dos servizos públicos e dos nosos dereitos laborais

O PARTIDO POPULAR INSISTE NAS AGRESIÓNS AO EMPREGO PÚBLICO

A CIG fai un chamamento a todas as empregadas e empregados públicos a participar na manifestación nacional convocada para o 8 de setembro en defensa dos sectores públicos e dos nosos dereitos laborais, con saída ás 11:00 horas da Alameda de Compostela e nas concentracións diante dos centros de traballo todos os xoves entre as 11 e 12 horas. Neste mesmo CIG Informa tes un cadro explicando como queda a nosa situación en canto ás baixas laborais.

Ligazón

Volver