
Mobilízate hoxe pola tarde contra a proposta da Xunta de novos recortes salariais para o 2013
Mañá está convocada unha concentración ás 13:30 horas diante da EGAP, en Santiago, coincidindo coa reunión convocada pola Xunta
O primeiro que temos que denunciar é que se nos convoca a esta reunión sen achegarnos ningunha documentación sobre o punto que se vai tratar o que amosa unha actitude impositiva e non negociadora por parte do Goberno galego. Non se nos fornece da proposta que queren levar a cabo o que nos impide poder analizala e valorala. Todo indica que esta maneira de proceder responde á pretensión de asaltar de novo os nosos salarios. Hai que lembrar que o salario dos empregados e empregadas públicos da Xunta reduciuse desde 2010 en máis dun 20%, deixáronnos sen paga extra este mes, despediuse numeroso profesorado, incrementouse o horario lectivo, reducíronse os cadros de persoal nos centros, penalízasenos por enfermar, ect.
A teor do recollido polos medios de comunicación e do que se pode deducir da orde do día, a Xunta pretende reducir aínda máis o noso salario como xa o fixo no 2011, que se nos suprimiu a extra de Nadal, o que significa aproximadamente o 7% do noso salario. A CIG-Ensino baixo ningún concepto aceptará que se aseste unha nova navallada ao profesorado. Responderemos a calquera pretensión de reducir o noso salario mobilizándonos contra esta política demoledora, destrutiva, liquidadora dos nosos dereitos laborais e conquistas sociais acadadas.
A mellor resposta que podemos darlle hoxe é participar nas mobilizacións que ten convocado para esta tarde nas diferentes comarcas a Alianza Social Galega, da que a CIG forma parte. “Rouban, atracan o noso peto, aprópianse de parte do noso traballo para entregárllelo á banca e aos grandes intereses económicos -denuncia Anxo Louzao, Secretario Nacional da CIG-Ensino. A solución pasa por un modelo de Unión Europea alternativo ao actual, que utiliza o argumento do control do déficit e a débeda pública”.
A CIG-Ensino tamén chama a participar nunha concentración ás 13:30 horas diante da EGAP, coincidindo coa reunión convocada pola Xunta.
Pode consultar nesta ligazón a convocatoria enviada pola Xunta
MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS PARA HOXE
OMARCA | LOCALIDADE | LUGAR | HORA |
| |
| |||||
A CORUÑA | A CORUÑA | Delegación do Goberno | 19:30 |
| |
| |||||
FERROL | FERROL | Edificio da Xunta de Galicia | 19:30 |
| |
SANT-BARB | SANTIAGO | Praza de Galicia | 19:30 |
| |
| |||||
LUGO | LUGO | Subdelegación do Goberno | 20:00 |
| |
A MARIÑA | BURELA | Praza da Mariña | 20:00 |
| |
| |||||
OURENSE | OURENSE | Subdelegación do Goberno | 19:30 |
| |
| |||||
PONTEVEDRA | PONTEVEDRA | Subdelegación do Goberno | 19:30 |
| |
AROUSA | VILAGARCÍA | Praza de Galicia | 20:00 |
| |
| |||||
O BARCO | O BARCO | Praza do Concello | 20:00 |
| |
VIGO | VIGO | O Marco (rúa do Príncipe) | 20:00 |
| |
|