
Mobilízate ante as agresións do PP aos nosos dereitos
No interior da nova tes vídeos e fotografías das concentracións
Na reunión mantida hoxe, día 12 de xullo, entre as organizacións sindicais da CIG-Área Pública (Ensino, Saúde, Administración), UGT, CCOO, CSI-F, USO, CGT, SAE, CESM e STAJ, por mor dos gravísimos ataques contra os empregados e empregadas públicos/as e a involución social anunciados onte polo PP, acordamos levar a cabo as seguintes mobilizacións.
Dia 13 de xullo, de 11:00 a 12:00 horas: concentracións diante dos centros de traballo da Administración Pública de toda Galiza. O profesorado, na medida en que non hai clase, convocámolo diante dos edificios administrativos da Xunta de Galiza das súas respectivas cidades.
Día 19 de xullo, de 11:00 a 12:00 horas: concentracións diante dos centros de traballo da Administración Pública de toda Galiza. O profesorado, na medida en que non hai clase, convocámolo diante dos edificios administrativos da Xunta de Galiza das súas respectivas cidades.
Día 26 de xullo, de 11:00 a 12:00 horas: concentracións diante dos centros de traballo da Administración Pública de toda Galiza. O profesorado, na medida en que non hai clase, convocámolo diante dos edificios administrativos da Xunta de Galiza das súas respectivas cidades.
Día 30 de xullo, ás 19:30 horas: manifestacións comarcais. O mesmo día, pola mañá: reunión das organizacións sindicais para valorar as mobilizacións e estudar a súa continuación.
Pola súa banda, a CIG, na reunión do pasado día 10 de xullo do Secretariado Confederal, acordou convocar para o día 19 de xullo, ás 20:00 horas, manifestacións e concentracións nas distintas comarcas. O lugar comunicarase posteriormente.
A CIG-Ensino convoca ao profesorado, na medida en que non hai clase, diante dos edificios administrativos da Xunta de Galiza das súas respectivas cidades.
A Área Pública da CIG (CIG-Ensino, CIG-Administración e CIG.Saúde) chama a sumarse a estas concentracións ante os edificios administrativos, grandes hospitais, xulgados e grandes concellos. Alerta que desde xuño de 2010 e coa decisión de suprimir a paga extra do mes de decembro, os salarios das empregadas e empregados do sector público terán sufrido unha redución dun 20%.
Considera unha indecencia que o PP pretenda que sexan as empregadas e empregados do sector público quen paguen as consecuencias dunha política económica errática, concibida en beneficio exclusivo do poder financeiro para favorecer os intereses dos mercados especulativos.
A CIG fai un chamamento a todas as organizacións sindicais para que camiñen cara a unha convocatoria de folga xeral en todo o Estado, no mes de setembro.
Información sobre as concentracións, con fotografías e vídeos: ligazón
Máis información na páxina da Confederación: ligazón