Mobilizacións acordadas polas traballadoras e traballadores do Consorcio

As medidas foron anunciadas en rolda de prensa por Laura Estévez (presidenta comité de empresa do Consorcio), Anxo Louzao (Secretario Nacional da CIG Ensino) e María Carme López Santamariña (Secretaria Nacional da CIG Administración).

A CIG presentou hoxe, en rolda de prensa, as mobilizacións acordadas na asemblea de traballadoras/es do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (centros de día, escolas infantís “Galiñas Azuis”, oficinas I+B e centros Quérote), en contra da privatización destas escolas infantís e centros de día, en demanda da aplicación do Convenio Único e en defensa da consolidación dos postos de traballo.

Hoxe, venres, 17 de febreiro, haberá concentracións nas seguintes Escolas Infantís nas diferentes comarcas:    

  •  Escola Infantil San Roque de Compostela. Rúa das Rodas. Ás 18:30 horas.
  •  Escola Infantil de Poio (Pontevedra). Ás 20 horas.
  •  Escola Infantil da Rúa Palencia en Vigo. Rúa Palencia. Ás 19:00 horas.
  •  Escola Infantil de Ares. Ás 14:00 horas.

Noutras escolas infantís como a do Carballiño, a de Burela e a de Eirís, as concentracións xa se levaron a cabo hoxe, 17 de febreiro, pola mañá. 

As medidas continuarán o día 22 de febreiro, ás 11:30 horas, cunha concentración diante do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar, en Santiago de Compostela.

O día 25 de febreiro, ás 11:00 horas realizarase unha manifestación nacional en Compostela, con saída da Praza do Toural.

Despois da manifestación celebrarase unha asemblea nacional na Escola de Maxisterio (Avda. de Xoán XXIII) na que se acordarán a medidas a tomar se o consorcio non cede na súa intención privatizadora e non fomos chamados a negociar a aplicación do V Convenio.

Volver