Miles de rapaces e rapazas participaron no Correlingua 2013 baixo o lema Galego, chave do mundo

Mondoñedo acolleu a última carreira desta edición

A edición 2013 do Correlingua -carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos- rematou este xoves 16 de maio en Mondoñedo despois de pasar polas localidades de Ourense, Lugo, Pontevedra, Monforte, Silleda, Bueu, O Rosal, Ferrol, A Coruña, Santiago e Vigo

No Rosal o alumnado foi recebido polo campión olímpico de decatlón David Gómez e na Coruña polo adestrador do Deportivo da Coruña Fernando Vázquez. En Santiago participaron tamén o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao e Paulo Filgueiras da Mesa pola Normalización Lingüística que animaron ao alumnado asistente a usar o galego en todos os ámbitos da súa vida.

O Correlingua está a contar nas súas festas finais coa participación do actor Pepe Penabade interpretando ao afiador Rodesindo da Barrosa, e dos grupos Monoulious Dop, Balbina e Lydia Botana gañadores do concurso musical Cantalingua. Ademais en lugares como Bueu e Ferrol o alumnado puido gozar das actuacións de Luís Prego e Mago Martín Camiña.

O Correlingua está organizado pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Mesa pola Normalización Lingüística e os Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo.

Accede nesta ligazón ao vídeo do Correlingua de Compostela.

Accede nesta ligazón ao vídeo do Correlingua de Vigo.

Volver