Información da mesa sectorial do martes 4 de febreiro
Froito das preguntas da CIG-Ensino no apartado de Varios a Consellaría avanzou que a Mesa Sectorial na que se abordará o proxecto de Orde de convocatoria do concurso-oposición previsibelmente será o vindeiro martes, 18 de febreiro de 2019.
Así mesmo, tamén anunciaron que as listaxes de interinidades e substitucións do corpo de Mestras se actualizarán entre hoxe e mañá e que a resolución provisional do Concurso Xeral de Traslados se prevé para finais desta semana.
Orde do día
1.- Aprobación, se procede, das actas anteriores.
2.- Constitución da mesa sectorial docente non universitaria como consecuencia das eleccións sindicais do 2018.
3.- Proxectos de decretos de currículos de FP.
- Técnico en Mantemento de Estruturas de Madeira e Moblaxe de Embarcacións de Recreo. Ligazón
- Técnico en Comercialización de Produtos Alimentarios. Ligazón
- Técnico superior en Vestiario a medida e de espectáculos. Ligazón
- Técnico superior en Mantemento Aeromecánico de Avións con Motor de Turbina. Ligazón
CIG Informa sobre os proxectos de decretos
4.- Proxecto de Orde que regula as comisións de saúde.
Ligazón ao borrador.
CIG Informa Orde comisións de saúde