Información da mesa sectorial: prazas e decreto das OPEs da Lei 20/2021 e atención preferente

A mesa desenvolveuse o martes 26 de abril

ORDE DO DÍA:

Atención preferente

Resolución de convocatoria do concurso de méritos específico para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente. Ligazón

Anexo coas prazas de atención preferente

Recordade que seguimos recollendo achegas (galiza@cig-ensino.gal) de prazas que se teñan que incluír na orde para remitirllas a administración

CIG-Informa coa información da orde de atención preferente

Decreto prazas derivadas da lei 20/2021

Malia o incremento logrado nas prazas, a CIG-Ensino mantén as discrepancias con algúns criterios da Consellaría.

Información da negociación das prazas docentes para a OPE derivada da Lei 20/2021.

A CIG-Ensino demanda que haxa oposicións ordinarias no 2023.

Ligazón

Rogos e preguntas

CIG-Informa coa información dos varios da mesa sectorial.

Axudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico.

Desde o 2010, segundo os nosos cálculos, levamos sen esta axuda, e a desculpa da crise no poder seguir sendo válida.

É máis, no acordo do profesorado itinerante, no seu punto noveno, que se chama “Axudas no caso de accidente”, di textualmente: “o profesorado itinerante terá dereito as axudas para custos por accidente de automóbil que anualmente convoca a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, conforme as normas que se determinan na Orde pola que se convocan”.

Desde a CIG-Ensino esixímoslle á administración que volva convocar a orde que regula e concede estas axudas.

Burocracia, plans e o seu recoñecemento.

A Consellaría cada pouco tempo saca un novo plan, algúns necesarios e importantes e outros propagandísticos, pero en todos os casos o único claro é que é maior burocracia e sen ningún tipo de recoñecemento para o profesorado que realiza ou coordina estes plans.

Solicitamos da Consellaría que as coordinacións sexan homologadas tanto en cuestións económicas como en puntuacións para os distintos concursos, se é necesario que publique unha norma previo a negociacións dos ROCs, non é de recibo que á espera da publicación dos citados ROCs non se teña en conta o traballo realizado polo persoal docente.

IES Val do Alma (Chantada).

Na mesa do 9 de marzo se nos comunica que o IES Val do Asma non pasará a ser un CIFP, pero que van agrupar ensinanzas de FP nel, o cal para a CIG-Ensino é poñerlle data de caducidade a este centro.

Na mesa do 29 de marzo díxenos que non vai a haber cambio algún.

Posteriormente se nos di que en 15 días teríamos resposta e a 29 de abril seguimos sen reposta.

Vólvesenos confirmar polo director xeral de centros que non vai a haber cambios.

Licenzas asuntos propios.

Solicitamos que se unifiquen criterios na concesión das licenzas por asuntos propios, ao ter compañeiras que estando nunha provincia se lle concede dito permiso pero nas mesmas condicións noutras provincias non se lle concede.

Volver