
Mesa sectorial para tratar a orde da xornada única
Tamén se tratará a orde de itinerantes
O venres 21 celebrarase unha Mesa Sectorial para tratar a mudanza de criterios para establecer a xornada única. A CIG-Ensino manifestou na anterior mesa e na concentración de delegados/as que tivo lugar o mércores 19, a necesidade de establecer criterios razonabeis para poder acadar esta xornada.
Mesa sectorial do venres 21 para tratar a xornada única e itinerantes
Os delegados e delegadas da CIG-ENSINO concentráronse, hoxe, diante da Consellaría de Educación demandando uns criterios menos restritivos para que os centros de Infantil e Primaria se poidan acoller á xornada única
A CIG-ENSINO realizou unha concentración de delegados/as, hoxe, mércores, día 19, ás 12:00 horas, diante da Consellaría de Educación, co obxecto de exixir unha nova regulamentación menos restritiva para que os centros de Primaria e Infantil se poidan acoller á xornada única de ensino. Na concentración cantáronse unhas coplas reivindicando criterios racionais para a aplicación desta xornada.
A Consellaría regulou a xornada única mediante unha orde do ano 1993 que, para que os centros se poidan acoller á esta, estabelece, entre outros criterios, que sexa proposta polos 2/3 do Claustro e do Consello Escolar e o voto favorábel dos 2/3 do censo dos pais.
A Conselleira de Educación comprometeuse na Mesa Sectorial do día 29 de maio deste ano a negociar uns novos criterios máis flexíbeis para que os centros se poidan acoller á xornada única. Na Mesa Sectorial do 14 de decembro, presentou unha proposta que supón unha tomadura de pelo ao conxunto do profesorado, xa que non reduce a participación dos 2/3 do censo dos votos afirmativos para acollerse á xornada única.
A CIG-Ensino está promovendo unha recollida de sinaturas para exixir a negociación duns novos criterios para implantar a xornada única que contempla:
- Que se elabore unha nova orde que regule a modificación da xornada única na que tanto a xornada partida como a xornada única teñan a consideración de xornadas ordinarias e que para mudar dunha a outra se sigan os mesmos procedementos.
- Que para proceder á modificación da xornada se requira a participación do 50% do censo e o voto afirmativo dos 2/3 dos participantes, entendendo un voto por unidade familiar.
- Que para a ratificación do tipo de xornada se requira soamente o voto afirmativo da maioría dos membros dos órganos colexiados.
- Que a implantación da xornada única non estea condicionada polo transporte escolar e que se supriman as dobraxes do transporte
- Que a Administración educativa garanta a todos os centros os servizos complementarios e as actividades extraescolares, independentemente do tipo de xornada.
PROPOSTA DA CONSELLARÍA PARA REGULAR A XORNADA ÚNICA
Tamén se tratará a proposta de orde para Itinerantes
PROPOSTA DA CONSELLARÍA PARA ITINERANTES
Premendo aquí lembrámos a proposta feita pola CIG-Ensino a finais do curso pasado.