Mesa Sectorial de Educación debatéronse os cadros de persoal dos centros educativos e o currículos de Técnicos en Balonmán, Baloncesto e Atletismo.

Mesa Sectorial do 20 de xuño 08 (I)

A CIG-Ensino denunciou ao inicio da reunión a falta de seriedade institucional coa que se está a desenvolver a Mesa Sectorial. Para a CIG-Ensino non é admisíbel que en numerosas ocasións xa, a Mesa non estea presidida polo seu presidente (o Secretario Xeral da Consellaría) e que non se dea resposta ás numerosas cuestión presentadas, ademais de que se realicen cambios na orde do día no último momento ou que as actas estean sen aprobar desde hai meses. A CIG reclamou que se convoque debidamente e de acordo cos resultados electorais que se proclamaron hai xa ano e medio, de tal maneira que participen na negociación as organizacións ás que lle corresponde e de acordo cos resultados electorais. A CIG denunciou ademais que en todo o curso non se teña aprobado un calendario de temas a negociar e que non pasasen pola Mesa os seguintes temas, entre outros: oferta de Bacharelato (supresión do Bacharelato no IES Monte de Conxo), Orde de Comedores, Orde que regula subvencións aos Concellos para a apertura de centros escolares...

Na Mesa Sectorial do 20 de xuño debatéronse os cadros de persoal dos centros educativos e o currículos de Técnicos en Balonmán, Baloncesto e Atletismo


A CIG-Ensino denunciou ao inicio da reunión a falta de seriedade institucional coa que se está a desenvolver a Mesa Sectorial
. Para a CIG-Ensino non é admisíbel que en numerosas ocasións xa, a Mesa non estea presidida polo seu presidente (o Secretario Xeral da Consellaría) e que non se dea resposta ás numerosas cuestión presentadas, ademais de que se realicen cambios na orde do día no último momento ou que as actas estean sen aprobar desde hai meses. A CIG reclamou que se convoque debidamente e de acordo cos resultados electorais que se proclamaron hai xa ano e medio, de tal maneira que participen na negociación as organizacións ás que lle corresponde e de acordo cos resultados electorais. A CIG denunciou ademais que en todo o curso non se teña aprobado un calendario de temas a negociar e que non pasasen pola Mesa os seguintes temas, entre outros: oferta de Bacharelato (supresión do Bacharelato no IES Monte de Conxo), Orde de Comedores, Orde que regula subvencións aos Concellos para a apertura de centros escolares...

 

Na Mesa Sectorial de hoxe tratáronse as modificacións aos cadros de persoal dos centros de Infantil e Primaria. As proposta da Consellaría, no conxunto de Galiza, supoñen a supresión de 13 unidades de Primaria e 30 de ESO, creándose 31 unidades de Infantil. En canto aos postos de traballo (créanse 119 en todo o país), as creacións prodúcense fundamentalmente en orientación, pois créanse 21 Departamentos de Orientación e 20 postos de Orientación a compartir, así como 20 postos de Pedagoxía Terapéutica e 7 de Audición e Linguaxe. Porén estas cifras son insuficientes para atender debidamente as necesidades de orientación dos centros escolares, e cómpre incrementar esta dotación. A CIG esixiu que se creen Departamentos de Orientación completos en 39 centros que reúnen os requisitos segundo o Acordo de 8 de xuño de 2007, subscrito pola CIG-Ensino, para a modificación dos cadros de persoal, neste momento só se lles vai dotar dun orientador compartido.

 

A CIG-Ensino tamén fixo fincapé en que se creen as unidades que veñen funcionando de maneira provisional desde hai tempo, de tal maneira que os centros figuren coas unidades reais e tamén sexan dotados de profesorado de acordo coas necesidades reais de unidades e alumnado.

 

A CIG-Ensino incidiu en que estamos no momento para dar cumprimento ao recollido no acordo de 8 de xuño, prioritariamente naqueles centros que, aínda a data de hoxe, ao non contar con todo o profesorado que lles corresponden, non poden aplicar o horario que está en vigor neste momento.

 

A CIG-Ensino reclamou que os centros deben dotarse co profesorado suficiente, para poder dar unha atención educativa adecuada, e que as supresións de unidades non deben conlevar a supresión de profesorado. A CIG-Ensino denunciou que non houbo a oportunidade de revisar a proposta de supresións unha a unha nas Xuntas de Persoal, de maneira que se evitase que se producisen supresións inxustificadas.

 

Na Mesa tamén se trataron os currículos das ensinanzas de Técnicos Deportivos e Técnicos Deportivos Superiores en Baloncesto, Balonmán e Atletismo. A CIG-Ensino esixiu que as rateos establecidas para estas ensinanzas sexan de 30 alumnos por aula e non 35, que se deben especificar cales son as materias de obrigada impartición en galego e que poidan impartir no bloque complementario o profesorado de informática e de inglés.

Volver