Mesa Sectorial 26-02-2008: ÚLTIMA HORA sobre CONVOCATORIA DE PRAZAS DOS CONSERVATORIOS SUPERIORES
Mesa Sectorial 26-02-2008
Ultima hora sobre as prazas dos conservatorios superiores de música
ÚLTIMA HORA
CONVOCATORIA PRAZAS CONSERVATORIOS SUPERIORES DE MÚSICA
(Mesa sectorial 26-02-08)
A Consellaría comprometérase na Mesa Sectorial do luns 25-02-2008 a estudar diferentes aspectos propostos pola CIG-Ensino:
CONVOCATORIA PRAZAS CONSERVATORIOS SUPERIORES DE MÚSICA
(Mesa sectorial 26-02-08)
A Consellaría comprometérase na Mesa Sectorial do luns 25-02-2008 a estudar diferentes aspectos propostos pola CIG-Ensino:
- A CIG-Ensino propuxo que o proxecto educativo non fose eliminatorio e que se reducira a súa puntuación de 10 a 5 puntos.
- En canto aos méritos artísticos, a CIG-Ensino propuxo que se tivesen en conta todos os realizados e non limitar exclusivamente aos últimos 5 anos.
- A CIG-Ensino propuxo que se trouxera á Mesa un catálogo de postos dos conservatorios superiores.
Hoxe incorpórase momentaneamente o Director Xeral de FP e EE para:
1º.- A Administración só baralla dúas alternativas para o proxecto: proxecto con valoración de 5 puntos e eliminatorio ou ben con valoración de 7 puntos e non eliminatorio. A CIG-Ensino reafírmase na súa posición (5 puntos para o proxecto e non eliminatorio), pero se temos que escoller entre as dúas que vai ter en conta a Admón preferimos a non eliminación por parte do proxecto, por tanto 7 puntos e non eliminatorio.
2º.- Por outra banda á Administración interésalle saber se realmente se deben publicar os cadros de persoal dos conservatorios superiores xunto á convocatoria. A CIG-Ensino ademais solicita que se publique.
En canto aos méritos artísticos a Admón. está estudando limitar o tempo aos 10 últimos anos. A posición da CIG-Ensino é non poñer coto, é dicir, ter en conta toda a vida profesional.
O apartado de méritos artísticos vai ter unha valoración máxima de 7 puntos en lugar de 5 como estaba previsto (proposta de modificación da CIG-Ensino).
Accede á información da mesa do 25-02-08 donde se empezou a tratar esta orde (Ligazón)
Accede á información da mesa do 25-02-08 donde se empezou a tratar esta orde (Ligazón)