Información da mesa sobre as oposicións e acordo persoal interino e substituto
Datos por corpos e especialidades no borrador da convocatoria
A mesa celebrouse o martes 10 de febreiro
Ligazón ás prazas por especialidades.
Como vén sendo habitual por parte do goberno do Partido Popular na Xunta de Galiza a negociación das prazas queda nun segundo plan, o importante é o anuncio publicitario.
A Consellaría ignora onde ten que negociar, os órganos de negociación non son máis que un mero compromiso legal.
Desde a CIG-Ensino denunciaremos na mesa sectorial, "espazo legal e lexítimo", tanto as negociacións que se fan noutros ámbitos como as negociacións que non se fan, xa que se publican os datos antes da debida negociación.
Acordo persoal interino e substituto
Proposta de modificación do Acordo polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias. Ligazón
Información importante da mesa sectorial
De novo volve á mesa sectorial unha modificación da resolución que regula as condicións do persoal interino e substituto, na que non se inclúe ningunha cláusula de estabilidade para o profesorado interino e substituto, e na que se inclúen apartados que reiteradamente incumpre a Consellaría co beneplácito doutras organizacións que seguen asinando todo o que se lles pon enriba da mesa sen plantarse ante os continuos incumprimentos que a administración fai, como é o cobro do verán ao profesorado que traballa máis de cinco meses e medio ou a reserva do posto de traballo cando se está de baixa, algo que só se aplica na adxudicación de destinos provisionais, e non na cobertura de substitucións.
A administración e as demais organizacións sindicais deixan claro na mesa que non van modificar nada do que trouxeron á mesa, e que este, salvo corrección de erros é o texto final negociado na comisión de seguimento do acordo.
Ligazón ao CIG-Informa sobre a modificación do acordo do persoal interino e substituto
Oferta de Emprego
Proposta DECRETO /2026, do .... de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego
público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que
imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,
da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. Ligazón
Ligazón ao CIG-Informa sobre a negociación das oposicións na mesa sectorial
Convocatoria das oposicións (co reparto por corpos e especialidades)
Ligazón ás prazas por especialidades.
Proposta ORDE do _____de______ de 2026 pola que se convocan procedementos
selectivos de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo
de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores
singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, e o procedemento de
adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de
profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da
formación profesional e mestres da Comunidade. Ligazón
A Consellaría presentou na mesa sectorial unha modificación do Anexo VII da rúbrica para a segunda proba da fase de oposición para as especialidades que imparten en FP.
Actualización da orde de convocatoria remitida pola consellaría o luns16 de febreiro no referente as programacións de Formación Profesional en resposta a consultas presentadas pola CIG-Ensino na propia mesa.
12.4. Segunda proba.
O persoal aspirante que superou a primeira proba realizará esta segunda proba que terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e do seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. A proba componse de dúas partes:
Parte A: presentación e defensa dunha programación didáctica.
A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade pola que se participa, na cal deberán especificarse os obxectivos, as competencias, os contidos, a metodoloxía didáctica, os criterios de avaliación, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Esta programación corresponderase cun curso escolar dun dos niveis ou etapas educativas en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido pola persoa candidata, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 páxinas, formato DIN-A4, a dobre espazo interlineal (a excepción das táboas, nas que non será preciso respectar o espazo interlineal), con letra tipo Arial, sen comprimir, tamaño de 12 puntos. No caso das especialidades propias da formación profesional, a programación deberá conter un mínimo de 4 unidades didácticas. Na extensión máxima de 60 páxinas non se computará a portada nin a contraportada. Si se computará o índice.
Resultará excluído do procedemento selectivo o persoal aspirante cuxa programación non se axuste ao establecido nos parágrafos anteriores. En ningún caso poderá excluírse as persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.
As programacións versarán sobre os seguintes currículos:
No caso das especialidades con competencia docente na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato:
- Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso das especialidades específicas de formación profesional, os publicados no Diario Oficial de Galicia no momento da publicación desta orde ou, de ser o caso, os aplicables na comunidade autónoma. Non poderá realizarse a programación dos seguintes módulos de formación profesional: Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo, Dixitalización aplicada aos sectores produtivos, Afondamento nas competencias profesionais, Inglés profesional, Habilidades comunicativas en lingua estranxeira, Formación en centros de traballo, Proxecto, Proxecto intermodular e Proxecto intermodular de aprendizaxe colaborativa.
A programación deberá entregarse ao tribunal polo persoal aspirante que supere a primeira proba no centro no que están actuando, no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións da primeira proba.
Ligazón ao CIG-Informa sobre a negociación das oposicións na mesa sectorial
Intervención final da CIG-Ensino
Profesorado en loita
A consellaría anuncia ao final da mesa sectorial que antes de finalizar este curso traerán unha proposta de recuperación de horario do persoal de secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial para que poida entrar en vigor en setembro do ano que vén.
Desde a CIG-Ensino felicitámonos de que as mobilizacións comecen a ter resposta, e non imos rebaixar a loita até lograr avances reais.
Ligazón ao CIG-Informa da intervención final da CIG-Ensino
