Material das XXI Xornadas das Mulleres como recursos de cara ao 8 de marzo

A medida que vaiamos editando todo o material que nos chegue das XXI Xornadas celebradas o sábado día 3 irémolo subindo para o seu aproveitamento didáctico e nas aulas.

A CIG-Ensino está a editar os vídeos dalgunha das ponencias, como a da directora de cine, Oiane Sagasti, coñecida polo documental Xeración pornoque contribuíu a situar no punto de mira social o acceso á pornografía online por parte de menores de idade e os perigos que isto leva consigo.

Así mesmo xa podemos poñer a disposición do persoal docente algún material que nos facilitaron outras participantes, como a documentación empregadas nas súas intervencións pola sexóloga e xornalista, Laura Veiga, así como polas docentes no CIFP Imaxe e Son da Coruña, Olaia Sendón e Ana Monteagudo, sobre o proxecto Perpetuando, centrado na reinvención da historia da fotografía en clave de igualdade. Tamén se publica para toda a comunidade docente o Glosario Violeta elaborado por profesorado e alumnado do IES Félix Muriel de Rianxo no que se combina a normalización da lingua galega co traballo sobre igualdade. 

Falar de sexualidade co alumnado
Laura Veiga, sexóloga e xornalista


Perpetuando. Proxecto de reinvención da historia da fotografía en clave de igualdade
Olaia Sendón e Ana Monteagudo, docentes no CIFP Imaxe e Son da Coruña

Glosario Violeta elaborado por alumnado e profesorado do IES Félix Muriel de Rianxo.
Presentado polas alumnas Uxía Sobradelo, Noelia Fernández, Paula Somoza e Antía García.

Volver