Manifestación nacional en defensa do ensino público galego
Domingo 19 ás 12 horas desde a Alameda Compostelá
A esta marcha están chamadas a participar, ademais do persoal docente, as familias e o alumnado dado que sobre todo o tema das ratios é algo que lles afecta directamente, pero tamén a recuperación do horario lectivo, xa que implica maior dotación de profesorado, menor impartición de materias afíns e menos itinerancias, entre outras cuestións.
A manifestación nacional percorrerá as rúas de Compostela saíndo da Alameda ás 12 horas e con finalización na Praza das Praterías.
Haberá autobuses para desprazarse a Compostela
Para facilitar a asistencia á manifestación nacional a CIG-Ensino porá a disposición do profesorado autobuses, para ver os lugares de saída e anotarte podes entrar no seguinte formulario ou chamar a calquera dos nosos locais.