Hoxe, 8 de marzo, participa na folga de mulleres e nas concentracións da CIG
No ámbito do ensino animámoste a participar na folga de mulleres para avanzar na conquista de dereitos ante a ofensiva ultraliberal e patriarcal que nos axexa e nun ensino coeducativo e en chave feminista.
Así mesmo, convocamos a todas as mulleres a unirse ás 26 mobilizacións que temos previstas en horario de mañá por toda Galiza, así como ás que convoca a plataforma Galegas8M pola tarde.
Este 8 de Marzo, no marco do Paro Internacional de Mulleres, a CIG ten convocada folga de mulleres para reivindicar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo e na esfera social, así como o dereito a vivir sen violencia. A folga laboral afectará a todas as actividades e centros de traballo, tanto das empresas privadas como do sector público, con vínculo funcionarial, estatutario ou laboral, no ámbito territorial da Galiza, desde ás 00:00 horas ás 24:00 horas. Ao ser unha folga de 24 horas detraerase a parte proporcional do salario correspondente a unha única xornada de traballo.
Pero alén da folga laboral, este 8M as mulleres estamos chamadas a secundar tamén folga no ensino, de consumo e nos coidados, para denunciar as discriminacións e o machismo que sufrimos e desmontar e denunciar a hipocrisía e a falsidade coa que se trata a problemática específica das mulleres, tanto por parte da patronal como por parte do poder político e do sistema.
No ámbito do ensino animámoste a participar na folga de mulleres para avanzar na conquista de dereitos ante a ofensiva ultraliberal e patriarcal que nos axexa e nun ensino coeducativo e en chave feminista. Así mesmo, convocamos a todas as mulleres a unirse ás 26 mobilizacións que temos previstas en horario de mañá por toda Galiza, así como ás que convoca a plataforma Galegas8M pola tarde, nas que agardamos que tamén participen os homes que comparten a nosa loita, após o éxito da marcha do pasado domingo, 3 de marzo, celebrada en Lugo.
A continuación detallamos as concentracións e mobilizacións máis relevantes para o día de mañá.
Por todas as mulleres, por todos os dereitos. Fai folga e participa nas mobilizacións convocadas pola CIG este 8 de Marzo!
-------------------------------------
MOBILIZACIÓNS
UNIÓN COMARCAL DE VIGO
VIGO: 12:00h Na Farola de Urzáiz
BUEU: 12:00h Diante do Concello (r/Eduardo Vicenti)
CANGAS: 12:00h Diante do Concello (Avda. Castelao)
MOAÑA: 12:00h Diante do Concello (r/ As Barxas)
TOMIÑO: 12:00h Diante do Concello (Praza do Seixo)
UNIÓN COMARCAL DA CORUÑA
A CORUÑA: 12:00h Na Praza de Vigo
BETANZOS: 12:00h Na Praza da Constitución
CARBALLO: 12:00h Na Praza do Concello
CEE: 12:30h Na Praza 8 de Marzo
UNIÓN COMARCAL DE COMPOSTELA
COMPOSTELA: 11:00h Na Xunta de Galiza (San Caetano)
COMPOSTELA: 11:30h No CHUS (Hospital Clínico)
COMPOSTELA: 12:00h Na Praza de Galiza
RIANXO: 12:00h Na Praza do Concello
UNIÓN COMARCAL DE FERROL
FERROL: 11:30h No edificio da Xunta (Praza de Amada García)
AS PONTES: 12:00h Na Praza do Concello
UNIÓN COMARCAL DE LUGO
LUGO: 12:30h No edificio sindical (Ronda da Muralla)
BURELA: 12:00h Diante do Concello
MONFORTE: 12:00h Na Praza de España
RIBADEO: 12:00h Diante do Concello
VIVEIRO: 12:00h Diante do Concello
UNIÓN COMARCAL DE OURENSE
OURENSE: 11:30h Diante da Mutua Universal
O BARCO DE VALDEORRAS: 20:00h Na Praza do Concello
VERÍN: 12:00h Na Praza do Concello
UNIÓN COMARCAL DE PONTEVEDRA
PONTEVEDRA: 12:00h Na Praza da Peregrina
VILAGARCÍA DE AROUSA: 12:00h Na Praza Ravella
A ESTRADA: 12:00h Na Praza do Mercado
---------------------------------------------
MOBILIZACIÓNS DE GALEGAS8M
Pola tarde a CIG secundará as mobilizacións convocadas pola plataforma Galegas 8M, da que forma parte, e ás que poden asistir tanto mulleres coma homes.
A CORUÑA: 19:30h Manifestación dende o Obelisco.
COMPOSTELA: 20:00h Manifestación dende a Praza 8 de Marzo
FERROL: 19:00h Manifestación dende a Praza Amada García
LUGO: 20:00h Ruada Noctura dende a explanada da Xunta
OURENSE: 20:00h Manifestación dende a Subdelegación do Goberno
PONTEVEDRA:20:00h Manifestación dende a Praza do Hospital
VIGO: 20:00h Manifestación dende a Praza dos Cabalos
Consulta todas as convocatorias do feminismo galego nesta ligazón: http://galegas8m.gal/convocatorias/8m-2019/