Informe “As bibliotecas escolares de Galiza”

Información do Pleno do Consello Escolar de Galiza no que se tratou o Informe

O 20 de decembro de 2016 reuniuse o pleno do Consello Escolar de Galiza (CEG), co obxecto de ditaminar diferentes decretos que estabelecen os currículos dos ciclos de formación profesional e aprobar o Informe “As bibliotecas escolares de Galiza”, elaborado polo Instituto de Ciencias da Educación (ICE) para o CEG. A CIG-Ensino presentou 10 emendas ao Informe elaborado polo ICE sobre as bibliotecas escolares en Galiza para as que contou coa participación do profesorado que traballa nese ámbito. Ningunha delas foi aprobada. Accede no interior ao informe e ás emendas.

Volver