Informacións sobre os concursos de traslados a 31 de xullo

A Consellaría vai aplicar a resolución definitiva do mes de abril

A Consellería de Educación ven de informarnos que, a falta dunha resolución do xulgado número 2 para aplicación provisional da sentenza ditada por este xulgado, e unha vez que esta recorrida, van aplicar a resolución definitiva publicada no mes de abril.

É dicir, o profesorado que obtivo destino na resolución Concurso Xeral de Traslados tomará posesión no centro adxudicado  no DOG,  número 72, do14/04/2014.

Concurso de adxudicación de destivos provisionais (CADP).

Para as resolucións  do concurso do profesorado  sen destino definitivo. Expectativa , provisionais , desprazados, suprimidos, comisións de servizo humanitarias e concilia, interino... teñen previsto as seguintes datas: 

Adxudicación  provisional tanto para o profesorado de primaria  como de secundaria: 5 de agosto na páxina da Consellaría.

Adxudicación definitiva  para o profesorado de primaria: 28 de agosto na páxina da Consellaría.  

Adxudicación definitiva  para o profesorado de secundaria: 9 de setembro na páxina da Consellaría.

Prazo para reclamacións :  

Estableceran un prazo de cinco días desde a contar desde as publicacións provisionais.

Volver